Os veciños de San Pedro de Brandomil coa xustiza por exceso de pago
Institución | Arquivo do Reino de Galicia |
---|---|
Sinatura | ARG, Real Audiencia, 9671-45 |
Características | 1 expediente |
Data | 1665 |
Tipoloxía | Proceso |
Descrición
1665
Os veciños e veciñas de San Pedro de Brandomil coa xustiza e deputados da provincia de Santiago sobre exceso de pago de marabedís
Ponse a demanda en nome de Alberte do Ribeiro e Domingo Trillo e do resto da veciñanza da freguesía de San Pedro de Brandomil e Santisso de Muíño contra Jacome Varela e Bernabé Galante por marabedís cobrados en exceso contra a xustiza e rexemento da cidade de Santiago.
Estas freguesías fixeran o depósito do diñeiro que lles correspondía pagar da contribución última ante o escribán Diego Pose de Miranda, depositario nomeado para a contribución. E logo baixouse a contía que tiñan que pagar así que agora reclaman que se lles devolva o exceso pagado.
Está nos autos o poder que deu a veciñanza para acometer o proceso, que foi dado no lugar e freguesía de San Pedro de Brandomil a 25-5-1665.
Compareceran os seguintes veciños: Domingo Trillo, Alberte de Corzon, Juan Gonçalez, Domingo Soneyra, Gabriel da Laxe, Alberte Fandiño el biexo, Juan Blanco, Alberte Fandiño el moço,... asinan do seu puño varios deles (Juan Gonzalez, Alberte Fandiño)
Hai outro poder igual, dado tamén en Brandomil, dos veciños de Muíño.
É un proceso sen concluír nen solucionar. Hai unha nota para que se mande facer escrito para compeler aos de Santiago.