Autos referidos á compravenda dunha renda de 3 ferrados de trigo situados no lugar e casal de Brandomil

InstituciónArquivo Universitario de Santiago
SinaturaAHUS, Clero, Santa Clara, 401
Características1 expediente ou agrupación documental
Data1585-1645
TipoloxíaAuto

Descrición

1585-1645

Autos referidos á compravenda dunha renda de 3 ferrados de trigo situados no lugar e casal de Brandomil.

Contén:

  • 1585-05-02. San Cosme de Antes. Venda que fixo Juan Mazás, escribán, veciño de Baiñas, a Juan de Lema, crego e párroco de San Cosme de Antes, dunha renda de tres ferrados de trigo situados no lugar de Brandomil por 10 ducados e 2 reais.
  • D. [1585]. Petición feita por Juan de Lema á xustiza para que se lle dea posesión da renda.
  • 1585-06-11. Santiago de Compostela. Mandamento de execución para darlle a posesión dos bens a Juan de Lema.
  • 1585-06-25. San Pedro de Brandomil. Testemuño da toma de posesión.
  • D. [1585-07]. Petición de Juan de Lema para que se expida unha segunda carta de función e amparo sobre os tres ferrados de renta que comprou na casa grande de Brandomil na que vive o escribán Gonzalo de Miranda.
  • 1585-07-03. Acuse da petición anterior.
  • 1604-01-20. Muros. Catalina Fernández de Luaces, viuva de Alberte González da Baia, rexedor de Muros, no seu nome e no dos seus fillos vende a Juan Lema, crego de San Cosme de Antes, o lugar no que vivira Gonzalo de Miranda en San Pedro de Brandomil.
  • 1605-06-30. Brandomil. Petición feita por Juan de Lema á xustiza para que lle dea a posesión dos bens comprados a Catalina Fernández de Luaces.
  • 1588-12-30. Muros. Gonzalo de Miranda, escribán e veciño de San Pedro de Brandomil vende a Alberte González da Baia, veciño de Muros, e á súa muller Catalina Fernández, media carga de trigo de renda anual do casal no que vive, sito na freguesía de San Pedro de Brandomil por 22 ducados e 2 reais, que se pagaron en 17 escudos de ouro e 42 reais.
  • 1589-10-02. Gonzalo de Miranda, escribán e veciño de San Pedro de Brandomil, vende a Alberte González da Baia e á sua muller unha renda anual de tres ferrados de trigo sitos no lugar que ten en San Pedro de Brandomil por prezo de 121 reais de prata.
  • 1596-05-08. Muros. Bartolomé González e Gregorio Vázquez, veciños de San Pedro de Brandomil, venden a Alberte González de Baia, veciño de Muros, e á sua muller Catalina Fernández de Luaces a renda de 1 ferrado anual de trigo as casas e herdades que teñen en San Pedro de Brandomil por 44 reais de prata.
  • Acompañan ao expediente dous recibos dos anos 1645 e 1649 de Alberto Rodríguez de Lema do pago de 24 ducados e 2 reais feito pola abadesa dona Antonia de Parga.