Aproveitamento de augas do río Xallas para muíño fariñeiro

InstituciónArquivo de Galicia
SinaturaAG, Augas de Galicia, Caixa G21157-006 e G73733-003
Características1 expediente
Data1906
TipoloxíaExpediente

Descrición 

1906

Memoria para a concesión do aproveitamento de augas do río Xallas ao seu paso por San Pedro de Brandomil para a construción dun muiño fariñeiro.

A petición é feita por Pedro Oreiro Ventín para instalar un muiño fariñeiro no lugar de Pozo Grueiro na freguesía de San Pedro de Brandomil. Presenta un proxecto con memoria coas especificacións técnicas da presa que quere facer, o tipo de turbina a utilizar e as características da instalación. Acompañan ao memorial os documentos coas tarifas, o nómina de propietarios e diversos planos.