Pregunta sobre invasión do cangrexo americano en Brandomil

InstituciónParlamento de Galicia
SinaturaVIII Lexislatura nº 349
CaracterísticasBoletín Oficial
Data2010-11-08
TipoloxíaPregunta

Descrición

«As especies exóticas invasoras constitúen, hoxe en día, unha grave ameaza para a biodiversidade. Na Galiza, o impacto das especies exóticas invasoras é cada vez máis importante e, nalgúns casos, é xa irreparábel.

Unha desas especies é o cangrexo americano (Procambarus clarkii) un gran depredador cuxa poboación non deixou de medrar nos últimos anos na Galiza ata acadar niveis moi precoupantes na actualidade».